A Deputación incumpre a regra de gasto e os obxectivos de estabilidade orzamentaria

A Deputación de Lugo volve a incumprir a regra de gasto e os obxectivos de estabilidade orzamentaria, ambos instrumentos de disciplina presupostaria que trata de garantir a sostenibilidade das contas públicas e que veñen establecidos, ano a ano, por unha Lei Orgánica.

Así o denunciou esta mañá o voceiro da oposición, Javier Castiñeira, quen destacou o resultado dos informes da conta xeral do 2019 que amosan, dixo, “falta de rigor”, na xestión das contas provinciais. Asemade, tras estes informes, os técnicos indican que deberán aprobarse medidas coercitivas que “poderían implicar restricións” en partidas dos futuros orzamentos para 2021.

Castiñeira acusa ao goberno provincial de levar a cabo durante estes anos “unha dinámina de descontrol e incumprimentos” que demostra “a absoluta incompetencia e, sobre todo, a falta de vontade para xestionar con seriedade e de forma exeplarizante as contas da Deputación”. “Cremos que o goberno non ten por que seguir incumprindo porque ten maioría no pleno e pode seguir aprobando os orzamentos e as modificacións que necesite sen ningunha atadura política. Se ben é certo que para iso debe cambiar de actitude e aprobar as contas antes de iniciar o propio exercicio como lle pedimos fai uns días”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com