Sanidade establece o nivel 2 en toda Galicia e limita as reunións a un máximo de 5 persoas

A Consellería de Sanidade vén de anunciar o establecemento do nivel 2 de restricións en toda Galicia, onde ademais se limitarán as xuntanzas a grupos dun máximo de 5 persoas.

Neste senso, a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma fica no nivel 2 de restricións, unha circunstancia que incidirá nos aforos e na ocupación dos espazos dos diferentes ámbitos sociais.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, apuntou que o reforzamento das medidas obedece á necesidade de frear a expansión do virus, tras constatarse nos últimos días un aumento no número de casos positivos vencellados, sobre todo, a ámbitos familiares e de confianza.

García Comesaña lembrou a necesidade de cumprir todas e cada unha das medidas restritivas e hixiénico sanitarias que están en vigor, e lanzou unha mensaxe de tranquilidade á poboación incidindo en que se as medidas se cumpren, os bos resultados chegan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com