A cidade de Lugo entra en nivel de máxima alerta, o tres, por Covid-19 tal e como informa a Consellería de Sanidade. A entrada en nivel vermello, o máximo, implica ques e detectaron máis de 112 contaxios nos últimos sete días.
No que se refire á área sanitaria de Lugo, suma 40 novos positivos nas últimas 24 horas, o que fai un total de 518 casos activos na provincia.
En canto ao total de Galicia, tamén suma 441 novos contaxios, o que sitúa a cifra en 5.457; deles 905 son da área da Coruña, 518 da de Lugo, 1.494 da de Ourense, 538 da de Pontevedra, 900 da área de Vigo, 851 da de Santiago, e 251 da de Ferrol.