Acordos da xunta de goberno local

O  voceiro do goberno local, Luis Álvarez, anunciou a aprobación hoxe pola xunta de goberno da apertura do procedemento para a contratación do servizo de roza de pistas das parroquias do Concello de Lugo.

O Concello contrata este servizo para levar a cabo os traballos de roza  de 700 kilómetros de pistas da zona rural cun presuposto de licitación de 127.050 euros  xa que se establece un prezo máximo por quilómetro de 181,50 euros. Os traballos de limpeza das pistas realizaranse durante os meses de xuño, xullo e agosto e o contratista deberá dispor simultaneamente dun mínimo de 8 tractores.

O Goberno local tamén aprobou hoxe inicialmente o estudo de detalle para a  agregación de dúas parcelas e ordenación de volumetría e estética na rúa Bolaño Rivadeneira, 12-14, incluídas no Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior (PEPRI).

Asemade informou tamén que o estudo de detalle,  que conta co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, someterase durante vinte días a exposición pública unha vez aprobado inicialmente.

A Xunta de Goberno tamén tomou dous acordos sobre os prazos de execución de  distintas obras en marcha. No caso das obras de mellora da rede de saneamento nas  rúas Monte Adairo e Monte Pía Paxaro, acordouse a imposición dunha penalidade  diaria de 17,71 euros á empresa adxudicataria polo incumprimento do prazo de execución da obra. Dita multa aplicarase sobre a demora efectiva que se produza dende o día 28 de febreiro ata a recepción das obras.

Pola contra, no caso da obra de rexeneración de pavimento e renovación de servizos na Ronda de Fontiñas, treito Carril de Caiñós-rúa San Xillao, autorizouse o incremento do prazo de execución da obra ata o 22 de maio, xa que os servizos  municipais consideran xustificada a solicitude de prórroga do prazo de execución do contrato presentada pola adxudicataria, tendo en conta as circunstancias  meteorolóxicas adversas que motivaron un incremento de dúas semanas e pola aparición de encanamentos, descoñecidos ata que se realizou a demolición do pavimento baixo a  beirarrúa, que tiveron que ser retiradas por medios manuais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com