Desde a Asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero queremos desexarlle ao presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, todo o mellor na nova etapa que inicia, e o noso mais sincero agradecemento polo seu apoio e o recoñecemento do noso traballo, pero, principalmente, e por riba de todo, por comprender a necesidade de que a realidade da violencia de xénero, e, porén, das súas vítimas, sexa coñecida, e brindarnos a oportunidade de darlles voz.
Persoas como J. A. Varela Agrelo, que conxugan perfectamente a profesionalidade coa implicación e a sensibilidade e que conceden ao factor humano a inmensa importancia que ten, algo que non todo o mundo fai, son vitais, tanto no eido xudicial coma en todos aqueles que xogan algún papel na asistencia e axuda as vítimas de violencia de xénero.
Foron unha verdadeira honra e un pracer para Si, hai saída as xornadas de traballo compartidas con él, e temos que dicir que non podemos evitar sentir certa tristura pola súa marcha, malia que nos alegremos por él e por esa nova andaina que inicia.