Cs denuncia as condicións de 23 empregados municipais que traballan sen medidas anticovid

O concelleiro de Cs Lugo Juan Vidal-Pardo denunciou esta mañá as que tildou de “lamentables” condicións de traballo de 23 empregados municipais que levan xa catro semanas desenvolvendo a súa actividade nunha nave de Frigsa que se atopa nunha situación “totalmente irregular”. Trátase das brigadas de peóns contratados a través do Muramiñae Rehabilita, un plan de capacitación laboral e obras, financiado ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. “Os traballadores non contan con electricidade e tan só dispoñen dun xerador para tarefas básicas nunhas condicións totalmente precarias. Ademais non se puxo en marcha ningún tipo de medida anticovid que garanta a súa seguridade”, asegurou o edil da formación laranxa.

“A nave non ten ningún tipo de mantemento e non cumpre cos estándares mínimos de seguridade e saúde. É totalmente inaceptable que o Goberno local manteña a 23 empregados baixo estas condicións. Instamos ao executivo de Lara Méndez a que rectifique de inmediato e atenda as demandas dos traballadores e traballadoras. A alcaldesa dicía na presentación deste proxecto que pretende facer de Lugo unha cidade integradora e social. Entendemos que este non é o camiño. De novo se evidencia que os compromisos de Méndez limítanse a meros anuncios propagandísticos. Isto dista moito de promover a inclusión social como alardeaba”, dixo o concelleiro.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Out 22, 2020 - 07:19 PM

    Estos cando presentan unha moción de censura? . En Lugo tamén temos dereito de reír un pouco.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com