555 casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Nas últimas 24 horas a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou de que o número de positivos na área sanitaria de Lugo aumentou en 46. Con estes datos o número da casos activos sitúase en 555, trece máis que onte, logo de recibir a alta 33 persoas nas últimas horas.

En canto a Galicia, o número de casos activos de coronavirus é de 5.880, 205 máis que onte; deles 964 son da área da Coruña, 555 da de Lugo, 1.449 da de Ourense, 595 da de Pontevedra, 1005 da área de Vigo, 983 da de Santiago, e 329 da de Ferrol.

Polo de agora curáronse en Galicia 24.573 persoas e realizáronse 616.297.

 

 

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com