A cidade de Lugo acollerá mañá a manifestación en apoio aos traballadores de Alcoa. Diversos colectivos acompañarán aos empregados da empresa de aluminio nas súas reivindicacións nunha marcha que sairá ás 11 da mañá do edificio administrativo da Xunta de Galicia, na Ronda da Muralla e terminará diante da Subdelegación do Goberno. Tamén dende distintos grupos políticos súmanse ao apoio a este colectivo.
Con todo, dende a organización piden apoio pero lembran que é responsabilidade de todos tamén respectar as medidas dictadas polas autoridades sanitarias para evitar contaxios e piden a todos os que participen que as acaten en todo momento