Traballadores e cidadáns participaron este sábado na manifestación convocada polo comité de Alcoa San Cibrao na cidade de Lugo para obrigar á empresa a que venda a fábrica e non apague as cubas da planta de aluminio instalada nos concellos de Xove e Cervo.
O eixo fundamental da manifestación, que saiu da esplanada da Delegación da Xunta en Lugo e rematou diante da subdelegación do gobern, era o apoio ao mantemento da actividade na planta. Con cánticos e estalidos de potentes petardos, os manifestantes exixían coa máxima contundencia que as administracións actuen con celeridade e responsabilidade para que as comarcas mariñás sigan tendo futuro.
Do que se trata, neste momento, é de salvar a planta e por ende os empregos. Para elo é necesario que todos os partidos políticos, así como todas as institucións se involucren, sen medias tintas, en conseguir que a factoría siga aberta, para que as comarcas do norte da provincia non queden arrasadas e sen futuro. Hai que facerlle fronte a Alcoa e para iso hai que contar con todas as forzas políticas, todas deben remar na mesma dirección. Así que, nas súas máns esta o futuro desta provincia.