6 positivos por Covid-19 na Banda de Música de Antas de Ulla

A banda de Música de Antas de Ulla confirmou 6 positivos por coronavirus entre os seus compoñentes, logo de que un deles confirmara que estaba infectado e seguindo o protocolo, xa que celebraran un ensaio, fíxose a proba ao resto de compoñentes, dos cales 6 deron positivo e 33 negativo. Dado estes resultados optouse a que todos os músicos que estiveron en contacto permanezan illados.

En canto aos últimos datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.766, deles 1.167 son da área da Coruña, 673 da de Lugo, 1.390 da de Ourense, 683 da de Pontevedra, 1.243 da área de Vigo, 1.122 da de Santiago, e 488 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 389 en unidades de hospitalización e 6.322 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 25.585 persoas curadas, rexistrándose 868 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 640.621.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com