O director de cine Oliver Laxe que ven de ser preseleccionado co seu filme “O que arde”, para representar a España na próxima edición dos premios Óscar e galardoada con dous premios Goya, presidirá o xurado da 18 edición de Notodofilmfest.
O director galego que foi premiado polas súas dúas primeiras longametraxes no Festival de Cannes é xunto con Víctor Erice os únicos cineastas do estado seleccionados en Cannes coas súas primeiras obras e o único en ser premiado en todas as súas participacións.
Para participar neste festival “Notodofilmfest”. poderán enviarse ata o 17 de novembro as curtametraxes para esta nova edición do festival.
En decembro coñeceranse os galardoados na gala de entrega de premios desta edición. Oliver Laxe, como presidente do xurado, estará acompañado por Eva Leira, Yolanda Serrano, Óscar Jaenada e Javier Fesser.