Continúa na nosa provincia o aumento do número de persoas con infección activa de Coronavirus. Así, na última xornada foron 107 os casos confirmados por PCR, moi lonxe dos 36 e 23 que se daban a prinicipios desta semana. Restando, a este aumento, as 52 altas recibidas por pacientes, o número total de casos activos sitúase en 1.109 pacientes.
Como cabe esperar, a carga hospitalaria tamén aumentou na última xornada con cinco novos ingresos, chegando ás 48 persoas que permanecen a día de hoxe nos hospitais da provincia, cinco deles na UCI do Hula. Non se rexistraron, novos falecementos.
En canto o semáforo de incidencia a sete días. Os concellos do Valadouro, Vilalba e Cospeito entran hoxe en nivel amarelo. Tamén a este nivel de alerta baixa Bóveda que, ata onte, permanecía en laranxa.
Precisamente ata o nivel 2, o laranxa, subía tamén nas últimas horas o concello de Guntín. O resto de municipios continúan igual que onte. En vermello siguen estando Lugo, Monforte, Viveiro, Cervo e Burela.