O escritor Neira Pampín cos membros do Club de lectura da Biblioteca Provincial de Lugo

Mañán, xoves, ás sete da tarde, na caseta da Biblioteca Provincial de Lugo na Feira do Libro (Fondo da Praza Maior), o escritor Francisco Javier Neira Pampín, reunirase cos membros do Club de Lectura desta Biblioteca para falar sobre o seu libro EL QUIJOTE DE MADERA.
Os membros do Club de Lectura (que tiveron este libro como centro da súa actividade), conversarán co autor sobre a súas impresións en relación con esta primeira novela do urólogo lucense, autor tamén dun libro de poemas, e que na actualidade está traballando na súa segunda obra de creación en narrativa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com