A CHMS autoriza o proxecto da pasarela provisional da Ponte Ribeira en Sarria

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil, está a redactar o estudo técnico para o proxecto de rehabilitación da parte alterada da Ponte Ribeira, para deixar á vista a fábrica orixinal desta histórica ponte Medieval • Esta pasarela provisional soluciona a problemática xurdida en 2015, que supuxo a interrupción do Camiño de Francés ao seu paso pola Vila.

O responsable do organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, reuniuse co alcalde de Sarria, Claudio Garrido, para trasladarlle a autorización da CHMS que posibilita o inicio das obras do proxecto de “Pasarela metálica provisional para a Ponte Ribeira”, coa que se dará continuidade ao traxecto orixinal do Camiño de Santiago. Neste encontro corroborouse o compromiso de ambas as dúas institucións coa riqueza natural da zona e o arraigamento dos Sarriaos, dende hai séculos, co tránsito de peregrinos que cruzan a vila para continuar o traxecto do Camiño Francés. “Temos que ser conscientes do patrimonio cultural asociado ao mundo da auga do que dispoñemos en Galicia e, por iso, desde a CHMS apostamos manter as vías orixinais sen obviar a normativa de augas” matizou o directivo da confederación hidrográfica. Con esta solución temporal, proposta polo concello, dáse solución á problemática xurdida en 2015 que provocou o corte da circulación por esta  ponte emblemática sarriá  que derivou en importantes prexuízos para os veciños da vila.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com