A área de Xuventude que dirixe Ana G. Abelleira informa das actividades de Xuventude para conmemorar o 25N, todas estas actividades respectaran os aforos do DOG Número 223-Bis do 4 de Novembro:
- o sábado 21 de novembro, ás 10:30 horas, Andaina xuvenil pola igualdade, con saída dende os soportais da Praza Maior, coa guía turística Lidia de la Fuente. O grupo será de máximo 6 persoas e as inscricións realizaranse a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta. A participación na andaina, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición: Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar) Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do contrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda) Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade. Espectáculos infantís-xuvenís co narrador oral Caxoto., no exterior da Casa da Xuventude. En xornada de tarde. Micromachista eu?
- tamén o 21 de novembro, de 12:30 a 13:30 horas, no exterior do CEI-NODUS. Contos vellos, novos finais
- 28 de novembro, de 12:30 a 13:30 horas, na Praza de Augas Férreas. Contos vellos, novos finais
- 5 de decembro, de 12:30 a 13:30 horas, no Parque Rosalí de Castro. Contos vellos, novos finais O número de prazas está estipulado para máximo de 50. A entrada será libre ata completar aforo.