O Grupo Municipal do Partido Popular vén de presentar no Concello de Lugo un escrito esixindo o acceso a todos os contratos menores que asinaron os diferentes ediles do Goberno local. E é que, segundo trascendeu nas últimas horas, nos últimos oito meses desta lexislatura, realizáronse no Concello 1.284 documentos deste tipo. A oposición leva tempo denunciando este uso abusivo dos contratos menores que, ademáis, conlevan un incumprimento da Lei de Contratos e a de Transparencia dado que non se están a facer públicos. Se hai días denunciaban estos incumprimentos dende Cidadáns, hoxe o PP cualificaba de “cacicada” o “uso abusivo desta ferramenta” por parte dos dous partidos no Goberno.
“A actitude de Méndez e o seu equipo está a punto de rebosar a nosa paciencia”, manifestou Ameijide. “Non podemos permitir este tipo de contratacións opacas, onde cada concelleiro de turno escolle ou decide a quen contrata o traballo ou o servizo sen pedir máis propostas”. “De non mudar de actitude verémonos obrigados a ter que acudir ao Valedor do Pobo” manifestaba.
O popular tamén criticou que na última instrucción do bigoberno, asinada o pasado 6 de novembro, se afiance o modelo de adxudicación a dedo dado que “a responsable de gobernanza omite nas regras mínimas que propón que se presenten máis ofertas á hora de acceder aos contratos menores”. “Parece que o Manual do goberno de Méndez é o Manual do novo caciquismo moderno para contratos menores”, resumía.
Ameijide lembra como o seu grupo avoga por un plan de contratación coa finalidade de que se coñeza en todo momento en que situación están tanto as grandes adxudicacións coma os pequenos contratos do Concello. “Trátase de realizar un cronograma para renovar as licitacións e, sobre todo, conseguir que todo o proceso estea marcado pola publicidade e a transparencia” explicou o vicevoceiro popular. Precisamente no pleno onde os populares presentaron esta iniciativa o goberno local comprometeuse a publicitar a través dunha app os contratos menores e se daba como plazo un mes que xa rematou o pasado 25 de outubro. Por este motivo, os populares cren que “este retraso responde a que teñen algo que ocultar”.
Gasto no Auditorio de Magoi
A concelleira do Grupo Popular Beatriz Vázquez desvelou hoxe que, como mínimo, durante a última semana as luces dun corpo central do edificio do auditorio permanecen acendidas as 24 horas do día. A popular considera un despilfarro que se esté consumindo enerxía nun edificio baleiro e sen actividade ironizando “salvo que este sexa o novo sistema de seguridade que implanta o bigoberno no novo auditorio de Magoi”.