Medio Ambiente do concello instala 13 aseos portátiles en distintos puntos da cidade  

A área de Medio Ambiente instalará 13 cabinas sanitarias en distintos puntos da cidade, 8 delas adaptadas a persoas con mobilidade reducida, dando resposta, deste xeito, a unha demanda veciñal xurdida polo peche dos locais de hostalería. “Como xa fixéramos durante o estado de alarma decretado polo Goberno Central en marzo, dende o Concello procedemos á instalación de aseos portátiles, co fin de atender as novas necesidades derivadas do peche de bares e cafeterías.

O edil explicou que “atendendo as peticións dos veciños e veciñas, instalaranse un total de 13 cabinas, dúas máis que na anterior ocasión, que serán colocadas no Centro Social da Milagrosa, no entorno de Frigsa, e a carón do Banco de Alimentos, no polígono industrial do Ceao. A previsión é que permanezan dispoñibles até o 11 de decembro”.

Estas instalacións súmanse á decena de aseos que o Concello mantén habilitados, con carácter continuado, noutros puntos da capital, ademais do autolimpable ubicado no Parque Rosalía de Castro, e cos que se pretende dar cobertura ao maior número de zonas posible.

O concelleiro sinalou tamén que “as cabinas serán aseadas e desinfectadas, tanto interior como exteriormente, dúas veces ao día cunha unidade móbil que fará unha limpeza con vapor, chorro a presión e reposición de todo os materiais que contén como auga, xabón, papel hixiénico e mesmo ambientador”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com