Falece un home en Burela tras caer ao mar mentres se desprazaba en cadeira de rodas

Rescatado o corpo sen vida dun home que caeu ao mar cando circulaba nunha cadeira de rodas polo porto de Burela. O suceso tivo lugar na tarde de onte, en torno ás 5 e media da tarde. Profesionais sanitarios contactaron co 112 Galicia para solicitar axuda para unha persoa que se precipitara na zona comercial do peirao burelense. Tras a caída, as testemuñas do incidente perderon de vista á persoa. 

Nada máis ter constancia do suceso , dende o 112 Galicia púxose en marcha un operativo de rescate que contou coa intervención dos servizos sanitarios de urxencia, efectivos de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, a Cruz Vermello, os Bombeiros de Barreiros e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Cervo.

Preto das 10 e media da noite, un equipo de mergulladores da Garda Civil rescatou o corpo sen vida do home. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, que atenderon aos familiares do home falecido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com