Tomé anuncia a extinción de SUPLUSA para o vindeiro 30 de novembro

O presidente da Deputación Provincial de Lugo, o socialista José Tomé, vén de informar nunha rolda de prensa, da efectividade, a partir do vindeiro 30 de novembro, da disolución de SUPLUSA, a Sociedade Urbanística que servía de medio propio da entidade provincial.

Así o 30 de novembro, se levará a cabo un Pleno extraordinario para extinguila por completo, e pechar así un proceso que arrancou en setembro de 2019 nun pleno no que todos os deputados provinciais, por unanimidade, votaron a disolución de SUPLUSA. O socialista asegurou que xa está todo listo para liquidar a sociedade e que a Deputación manterá os postos de traballo de todos os empregados de SUPLUSA e protexerán “os seus dereitos laborais”.

“Cando o 12 de setembro do ano pasado aprobamos por unanimidade no Pleno a disolución desta sociedade, estaba previsto que os trámites se prolongasen durante dous anos, dada a complexidade e o traballo que supón este tipo de procesos. Pois ben, hoxe, só 14 meses despois, temos todo listo para extinguir SUPLUSA, o que demostra o empeño e o rigor que poñemos para cumprir retos. E este non era dos fáciles”, subliñou o Presidente.

“Foi, ademais, un proceso de consenso entre as tres forzas políticas da Corporación, o que creo que lle engade valor. Houbo unanimidade no Pleno de setembro do ano pasado no que acordamos a disolución de SUPLUSA, e houbo unanimidade na totalidade das decisións que tomou a comisión liquidadora nas 30 reunións que mantivo ó longo de todo este tempo. Unha comisión formada por tres persoas deputadas dos tres grupos políticos provinciais”, explicou o mandatario provincial.

Tomé Roca salientou que a extinción da entidade urbanística é tamén un dos acordos do pacto de goberno firmado entre PSOE e BNG co que “pechamos un capítulo que consolidará a normalidade e a tranquilidade institucional”, e que, o Presidente lembrou as “disfuncións” producidas nos últimos anos en torno a esta entidade que, “se ben no seu día foi útil para a provincia, quedou desvirutada” ao actuar, dixo Tomé, “á marxe e, incluso, en contra da Deputación, a súa institución matriz”, lembrando a retirada de condición de medio propio feita polo anterior goberno provincial, en marzo de 2018.

Nesta liña, o Presidente explicou que dado que a Sociedade Urbanística Provincial é o único entre instrumental que quedaba da Deputación, coa súa extinción “poñemos fin ó proceso de reestruturación desta institución, un obxectivo recollido igualmente no pacto de Goberno, que fará esta Administración máis eficaz e máis útil para a cidadanía, e co que gañará máis control dos fondos públicos e máis transparencia”.

O mandatario provincial lembrou que, cando PSdeG e BNG chegaron á Deputación de Lugo no ano 2007, había catro entes instrumentais, creados todos eles por gobernos do PP: o INLUDES, a Fundación Tor, a Fundación TIC e SUPLUSA. “Hoxe, non queda ningunha, Reintegramos o seu capital, os seus servizos e as súas prestacións na Deputación, fortalecendo o sector público”, apuntou Tomé Roca.

públicos que prestamos dende esta institución provincial”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com