O Concello de Lugo exime ao Sergas do pago do 95% do ICIO do Centro Integral de Saúde da Residencia

O Concello de Lugo levará ao Pleno de mañá a aprobación da bonificación ao Sergas do 95% do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, o ICIO, do Centro Integral de Saúde da Residencia. Unha contiosa diminución do imposto municipal que quedaba recollida no Convenio de Colaboración asinado entrámbalas dúas administracións para proceder á reconversión do antigo Hospital Materno Infantil.

A edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, explicou hoxe que esta rebaixa ascende a preto de 238 mil euros minorando a tributación da Consellería de Sanidade pola obra a pouco máis de 12.500 euros, ao considerala de especial interese e utilidade municipal. Alvarellos lembrou que a adopción desta medida procede de agosto de 2019 cando se aprobou o acordo en Xunta de Goberno e que se efectiviza agora logo de que o pasado mes de febreiro se autorizara o inicio dos traballos nos que se inclúe a creación dun Centro de Saúde Mental, un Pac e a Base do 061.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com