Xuventude achega á mocidade o espectáculo de Caxoto ‘Contos Vellos, Novos Finais’ para conmemorar o 25N

A área de Xuventude e a Casa da Muller, que dirixe Ana Abelleira, teñen programado para este sábado, 28 de novembro, un novo espectáculo pola igualdade, coincidindo coa semana de conmemoración do 25N. Será unha actividade, dirixida ao público infantil (familiar), da man do narrador oral Caxoto.

Baixo o título de “Contos vellos, novos finais”, este espectáculo traballa en rachar cos estereotipos de xénero e afondar na igualdade. Será de 12:30 a 13:30 horas na Praza de Augas Férreas. A entrada é libre ata completar aforo, que está estipulado para un máximo de 50 persoas. Este espectáculo volverá a repetirse o sábado, 5  de decembro, no mesmo horario, no Parque Rosalía de Castro.

Os modelos de comportamento que se adquiren a idades temperás van condicionar a construción da identidade persoal dos menores, e por iso, o Concello fomenta estas iniciativas que traballan na igualdade positiva, a través dun contacontos en igualdade e tolerancia, con gran potencial como ferramenta de aprendizaxe de valores, nos que aprender a eliminar o rasgo sexista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com