O PP da Fonsagrada lamenta que “continúe o escurantismo e a falta de transparencia” e pídelle ao goberno local “explicar en que se gasta o diñeiro

O voceiro popular da Fonsagrada, José Luís Regueiro, lamenta que “o goberno local continúe co escurantismo e a total falta de transparencia na xestión municipal” como evidencia a gran cantidade de facturas “varias” para as que leva ao pleno por segunda vez unha modificación de crédito que foi rexeitada xa nunha ocasión e que ascende a 132.500 euros. “Esta cantidade sumada aos 144.000 que xa había orzamentados para as áreas obxecto da modificación farían un total de 276.500 euros. É dicir, pretende aprobar un aumento do dobre do orzamentado e, polo tanto, pedímoslle ao goberno do PSOE que aclare en que gasta os cartos que pertencen a tódolos veciños e que explique en que obras se gastaron os materiais facturados”.

O popular incide en que “a maioría dos 132.500 euros xa gastados pertencen a facturas varias correspondentes, principalmente, á aplicación de gastos de maquinaria, instalacións técnicas e ferramentas”. Nese caso, sinala que “esta partida contaba inicialmente con 50.000 euros de crédito inicial aos que pretenden agregar outros 52.000”. Ademais, critica tamén que “haxa tantas modificacións por conceptos que son previsibles e que se poderían incluír nas partidas correspondentes”.

Regueiro considera que “estas diferenzas entre varias aplicacións de gastos ou ingresos evidencian “a deficiente xestión municipal por parte do actual equipo de goberno que é idéntico ao do anterior mandato co único cambio da cabeza visible do que é responsable o BNG”. E, así mesmo, “demostran que os orzamentos deste 2020, que foron prorrogados do 2019 por resolución da alcaldía, non responden á realidade do momento”.

Regueiro recorda que “se o Concello conta cuns orzamentos prorrogados é porque ninguén se sentou a negocialos con ningún grupo político”. Así, “tendo en conta a realidade actual do noso municipio marcada pola crise derivada da covid-19, é preciso unir esforzos para elaborar uns orzamentos acordes ao delicado momento que estamos a vivir recollendo as distintas propostas dos distintos grupos políticos de cara á vindeira anualidade”.

O Grupo Municipal Popular proporá no vindeiro pleno a convocatoria da comisión de contas do Concello coa finalidade de elaborar un orzamento municipal que recolla a realidade do municipio e axude a paliar as consecuencias económicas e sociais derivadas da crise da covid-19 “tendo en conta, especialmente, a aqueles que se viron máis afectados pola crise da covid-19 como son os comercios e establecementos hostaleiros, pequenas empresas ou outras persoas que perderon os seus empregos e se atopan nunha delicada situación”, apunta.

Novas relacionadas

  1. Manuel Quiroga Lopez
    Nov 27, 2020 - 09:58 PM

    Xa de paso llo podían pedir o señor Feijó,que e seu xefe

    Reply
  2. Luis Díaz
    Nov 27, 2020 - 09:19 PM

    ¡Vaya por Deus! Eiquí calquera que teña un carné do PP todolos días ten dereito a dicir algo. Sexa o que sexa, oiga.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com