O Concello de Lugo manterá a exención do pago das taxas das terrazas durante todo o 2021. Así o avanzou a rexedora da localidade, a socialista Lara Méndez, logo de manter unha reunión co presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros, a Apehl, Cheché Real.
O Goberno local toma esta medida,din, como resposta as peticións do sector que busca mitigar na medida do posible as consecuencias derivadas da crise sanitaria. Asemade, o Concello recuperará unha medida posta en marcha durante o confinamento ao eximir do pago do canon ás cafeterías das dependencias municipais durante o tempo que permanezan pechadas.
Así mesmo, a alcaldesa apuntou que “tampouco estamos a cobrar o aluguer ás empresas e emprendedores instalados nos viveiros municipais do CEI Nodus e do barrio da Tinería, éste úlitmo a pé de rúa, sendo un total de 44 empresas as que desenvolven a súa actividade nestes espazos”.
Lara Méndez explicou que todas estas medidas teñen como obxectivo o mantemento das empresas e dos postos de traballo que xeran na cidade. “A nosa prioridade nestes momentos é evitar o peche de establecementos e a destrución de emprego, por mór da pandemia”, concluíu.
O sector da hostalería é un dos que máis está a sufrir as consecuencias da crise sanitaria provocada pola Covid-19. Neste senso, o Concello de Lugo está a ser pioneiro na adopción de medidas para axudar a este sector que representa o 12% do PIB do municipio e o 19% do emprego.
Dec 02, 2020 - 03:39 PM
Moi ben, pero entón baixarán o precio do café ou a caña por sentar nelas ¿non?
Dec 02, 2020 - 12:15 AM
Esta moi ben, pero tarde. Xa tiñan que ser as deste ano