A Covid empeza a dar un respiro á provincia de Lugo cunha notable baixada de casos activos e de novos contaxios

A provincia de Lugo está vendo estes días como a segunda vaga da Covid empeza a relaxarse. Sen esquecer os peores días da pandemia hai un par de semanas, o certo é que Lugo xa consolida o descenso significativo de casos activos, con 885 persoas rexistradas con infección por covid nestes momentos, o que supón un novo descenso de 26 casos. 

Baixa tamén, aínda que en menor medida o número de novas confirmacións por PCR. En total, ata as 6 da tarde de onte, o SERGAS contabilizou 31 novos positivos, 6 menos que na xornada anterior. 

Un importante descenso na curva de contaxios que reduce tamén a carga hospitalaria con tan só 28 ingresados por Covid en todos os centros da provincia. O que se mantén igual que onte é a ocupación da UCI do HULA, a única que albergou casos covid e que conta con tan so 2 persoas infectadas. 

Doutra banda, e non tan boa nova, é o falecemento dun home positivo en Covid19, de 79 anos de idade que finaba na tarde de onte no HULA.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com