Oito persoas denunciadas en Lugo por non cumprir coas medidas de protección fronte a Covid 19

A Policía Local de Lugo intensifica os dispositivos para o control das limitacións impostas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia como consecuencia da crise da Covis e de cara á ponte de decembro e as festas do nadal. Así, nos filtros de seguridade que realizaron no día de onte, axentes da Policía de Barrio levantaron oito actas de denuncia por diversos incumprimentos a Lei Orgánica de Seguridade Cidadá.

Así, a Policía Local denunciou a tres condutores por intentar entrar ou saír do termo municipal de Lugo sen ter unha causa xustificada, ademáis, outras dúas persoas foron denunciadas por reunirse nun espazo público sen cumprir as condicións dispostas pola normativa. Cinco persoas que poderían ser sancionadas cunhas multas entre 601 e 30.000 euros.

Asemade, a Policía Local denunciou a outras 3 persoas que transitaban pola vía pública sen facer uso da máscara de protección e que tamén se enfrontarán a sancións económicas que poderían chegar ata os 30.000 euros por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com