Burela levanta o peche perimetral a partir desta medianoite

O alcalde, Alfredo Llano, anuncia que Burela abandona o peche perimetral e recupera a mobilidade a partires da vindeira medianoite. O rexedor valora de xeito moi positivo esta medida así como a apertura da hostalería local no día de hoxe.

Llano contou que “acabo de recibir a chamada das autoridades sanitarias quenos indican que a partir das 00:00 horas do sábado, é dicir desde a medianoite, se vai abrir o confinamento de mobilidade, polo tanto imos poder saír e entrar do noso concello. É unha boa noticia. Era algo que estábamos agardando.”

O alcalde subliñou que “isto é así porque agora mesmo estamos con 11, ou menos, casos acumulados en catorce días, que realmente é moi pouco comparativamente co que viña habendo. Pero é unha boa noticia para Burela que no campo sanitario estamos moi ben posicionados. É derivado da corresponsabilidade de todo o traballo que se leva facendo, durante todo o mes de novembro e esta parte de decembro, e iso trae como consecuencia que, por un lado xa abriu a hostalería, que é unha boa noticia tamén, e hoxe ás doce da noite vaise poder xa circular libremente por desaparecer o peche perimetral con respecto á mobilidade. Penso que é unha boa noticia para todos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com