As áreas de Muller e Xuventude do Concello de Lugo, que dirixe Ana Abelleira, continúan coa campaña de igualdade temática do 25N, neste caso cunha campaña formativa e de sensibilización contra a violencia de xénero, dirixida á mocidade, que fai fincapé nas violencias invisibles e sutís; segundo a pirámide da violencia machista. A loita contra as Violencias Machistas. No que vai de ano, 42 mulleres asasinadas, que é cúspide da pirámide machista, reflexionou Ana Abelleira, quen fixo fincapé en que traballar no ataque das raigames da violencia machista, primeiro é ter conciencia de que o machismo está instaurado na sociedade, manifestándose de xeito invisible en moitísimas ocasións e mostrando as diversas violencias machistas. Está presente en todos os ámbitos do sistema. É importante saber identificar estas conductas invisibles para borrar cada chanzo que sustenta a cultura patriarcal e incidir na prevención, na educación e na sensibilización dende idades temperás. A loita contra as violencias machistas é misión de todas e todos nós. A campaña, que conta coa colaboración da área de Medio Ambiente, consiste en colocar 2.000 pegatinas nas papeleiras públicas da cidade, cada unha cunha mensaxe de depositar na propia papeleira estas formas sutís de violencia machista acompañadas dun hastag: humillación, desprezo, chantaxe emocional, micromachismos, humor sexista, publicidade sexista, linguaxe sexista, anulación, control, invisibilidade, ignorancia, culpabilidade e desvalorización. Con esta proposta invítase a acabar con estas formas do machismo, tirándoo simbolicamente ao lixo. Dita acción comezouse polas zonas máis transitadas polos mozos e mozas e pola cidadanía en xeral, facendo fincapé na Avenida da Coruña, Avenida de Madrid, Bispo Aguirre, Ramón Ferreiro, casco histórico, Montero Ríos, Fontiñas, Praza Fonte dos Ranchos, Praza de Augas Férreas, Praza da Milagrosa, Parque de Frigsa e Paseo fluvial do MIño. A campaña realízase dado que son preocupantes as actitudes que teñen os mozos e mozas, xa que normalizan o control e a violencia cara as mulleres, sobre todo normalizan as violencias invisibles.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.