Xuventude inicia este mércores as clases en aberto de cociña universitaria

A área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, inicia esta semana, as clases en aberto de cociña universitaria. Trátase de dous obradoiros prácticos telemáticos que se trasmitirán este mércores, 9 decembro, e o vindeiro día 16, ás 18:15 horas a través da conta de Facebook e Instagram de Xuventude de Lugo.

Un dos retos aos que se enfronta á mocidade universitaria, en moitos casos, como experiencia fóra do fogar familiar é ter que cociñar. De aí a aposta por estes obradoiros, que incluirán recetas sinxelas e relativamente rápidas, para dar pasiños no mundo culinario. A primeira delas será pizza sen forno.

Estas clases súmanse ás de Cociña do mundo, que se trasmiten tamén nas redes sociais oficiais de Xuventude, os sábados, ás 11:00 horas, dende o 5 de decembro e até o 16 de xaneiro. Este ciclo arrincou o pasado sábado cunha videoreceita dun postre mexicano, carlota de limón.

Ademais, os mércores 23 e 30 de decembro, e o luns 4 de xaneiro, ás 18.15 horas, celebraranse clases de cociña de Nadal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com