O número de casos activos na área sanitaria de Lugo continúa a descender e nas últimas 24 horas e tal e como informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade é de 545.
En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia tamén continúa en descenso con 154 casos activos menos que onte, en total 5.530; deles 1.017 son da área da Coruña, 403 da de Ourense, 851 da de Pontevedra, 1.315 da área de Vigo, 852 da de Santiago, e 547 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 54 están en UCI, 298 en unidades de hospitalización e 5.178 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 49.232 persoas curadas, rexistrándose 1.303 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 975.267.