486 casos Covid na provincia tras unha fin de semana sen mortes pero cun leve empeoramento da presión na UCI

Continúa a baixada da tan famosa curva de contaxios de Covid na provincia de Lugo. Así na última xornada o SERGAS confirmou mediante as probas diagnósticas un total de 18 novos casos. Unha baixada significante se a comparamos cos 25 casos positivos notificados o venres e os 24 que o SERGAS comunicou o domingo. Esta baixada podería deberse, en parte, a que, durante as fins de semana se realizan menos probas diagnósticas aínda que tamén hai que ter presente que se está a consolidar unha baixada continua neste parámetro.

Por outro lado, ao ter menos contaxios e manterse o número de altas médicas, baixa tamén en gran medida, o número de casos activos. Ata ás 6 da tarde de onte, a provincia de Lugo contaba con 486 infeccións en activo, 85 persoas infectadas menos que o pasado venres.

Como diciamos ao inicio do informativo, esta fin de semana non só baixaron os casos activos. Outra das boas novas é que non hai que lamentar novas vítimas. Con todo, a presión hospitalaría, unha baixa, continúa en niveis semellantes aos da pasada semana e, bastante negativos, se nos centramos na Unidade de Coidados Intensivos do HULA.

Así, con 21 ingresados (tan só 2 menos que o venres) na totalidade dos centros hospitalarios da provincia, son 6 as persoas que permanecen na Unidade de Críticos, dúas máis que o venres.

Con todo, non deixa de ser positiva a cifra de casos superados que chega xa a 6.013. Ou o que é o mesmo, hai 147 persoas que, dende o venres, superaron a enfermidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com