Os equipos de emerxencia traballan na extinción dun incendio nunha vivenda en Outeiro de Rei

Un incendio declarado no interior dunha casa en Outeiro de Rei está a causar importantes danos na vivenda, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.

Os feitos teñen lugar en Gondai, na parroquia de Parada e foi unha persoa particular quen alertou do lume ao 112 Galicia pasados uns minutos das 10:30 horas.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil.

Segundo confirmaron ao 112 Galicia os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilalba, que continúan traballando no lugar, as lapas calcinaron máis da metade vivenda por causas que aínda se descoñecen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com