A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, criticou duramente que o Goberno local non “fose capaz de defender os seus propios orzamentos” na Comisión de Contas celebrada esta mesma mañá. Louzao amosouse “decepcionada” polo documento logo de considerar inasumibles certos puntos como o que tildou de “desproporcionado investimento nos hortos urbanos”, a falta de partidas para manter o novo auditorio, o centro de coliving, o edificio sostible ou o centro sociocultural da Piringalla ou incluso, o desequilibrio de investimentos entre a zona norte e a zona sur da cidade.
“O executivo local presuposta un total de 790.000 euros para a construción de hortos urbanos, un importe totalmente desmesurado si consideramos que outras instalacións deste tipo na nosa cidade, como os hortos da Deputación no Rato serán postos en funcionamento cun investimento total inferior a 250.000 euros e contan con 175 parcelas. Ademais, dos últimos 30 hortos urbanos postos en funcionamento polo Concello no pasado mandato quedou deserta a concesión de 8 parcelas. Como xustifica o Goberno de Lara Méndez un investimento de 790.000 euros neste concepto? A resposta está clara, é o importe que queda por gastar do proxecto de financiamento europeo Life e deben realizar un investimento nun tempo record para non perder este financiamento. decidiron tirar pola rúa do medio e debido á súa incompetencia a cidade perde unha oportunidade incrible para mellorar. Levamos anos avisando de que a falta de dilixencia do Goberno local comprometía esta liña de financiamento europeo”, apuntou.
A edil de Cs alertou do risco que supón para a estabilidade financeira da institución a falta de previsión evidenciada polo Goberno local. “Lara Méndez anuncia a construción de novos edificios que financia con axuda externa pero logo é incapaz de prever o gasto de mantemento que xerarán estes novos equipamientos. O gasto de mantemento dun equipamiento deste tipo oscila entre os 300.000 e 400.000 euros de media anual, con todo dita cantidade non aparece reflectida nas conta municipais, polo que deducimos que non aloxarán ningún tipo de actividade o próximo exercicio. Durante o transcurso da comisión preguntamos sobre este asunto pero a representante do goberno non foi capaz de darnos unha resposta. O certo é que recorreron a un préstamo de máis de sete millóns de euro, aumentando a recaudación fiscal, para poder manter os servizos. É evidente que camiñamos cara a un paulatino endebedamento”, concluíu.
A portavoz municipal de Cs considera que o Goberno local continúa aumentado o desequilibrio entre a zona norte e a zona sur en canto á calidade das súas infraestructuras urbanas. “É obvio que existe un desequilibrio entre o desenvolvemento urbano da zona norte e da zona sur. Barrios como A Piringalla, Albeiros ou A Milagrosa presentan un atraso substancial respecto de outras zonas da cidade. Con todo, o Goberno segue ignorando o atraso da zona norte en materia de infraestructuras e destina o mesmo importe para renovación de pavimentos e melloras urbanas en ambos espazos polo que é imposible corrixir o desequilibrio existente. ë ncesario aumentar o ivestimento na zona norte”, apuntou.