Un novo repunte de casos na provincia de Lugo no día no que se publica o plan de prevención que presentará o Goberno autonómico para as festas do Nadal. En total, ata as 6 da tarde de onte o SERGAS confirmaba 34 novos positivos, moi por riba dos 10 da xornada anterior ou, incluso, os 18 detectados ao longo do domingo pasado. Esta alta cifra frea o descenso de casos activos que, tras unha semana na que baixaba a unha media aproximada de 20 casos diarios, hoxe só descende en 8 persoas. Que, aínda con todo, continúa a ser descenso. Tamén baixa levemente a presión hospitalaria con dúas persoas menos en planta, na totalidade dos centros da provincia que hoxe suman un total de 18 ingresados por esta enfermidade máis as 6 persoas que permanecen na UCI do HULA.
Con todo, na última xornada non hai que lamentar falecidos pero si, celebrar, que xa son 6.082 as persoas que superaron a enfermidade.