Volven a valores de baixada os novos contaxios de Covid na provincia

Se no día de onte falabamos dun repunte no número de positivos Covid detectados por PCR, hoxe este parámetro volve a niveis anteriores, con 15 novos casos. Case insignificantes se o comparamos cos 34 de onte, debidos, en gran parte á localización dun gromo familiar en Viveiro; e, mellor aínda, insignificantes en comparanza coas 51 altas médicas recibidas. 

Así, logo das altas médicas, os positivos detectados e un falecemento, a cifra actual de infeccións activas se sitúa en 433, en valores que non se conseguían na provincia dende o mes de agosto.  

En canto a presión asistencial, descende levemente logo dunha baixada dun caso na UCI do HULA que hoxe ocupa 5 camas con casos Covid. Nas plantas de hospitalización dos centros da provincia continúan a rexistrarse 18 pacientes ingresados con Coronavirus, os mesmo que na xornada de onte.

Con todo, no día de hoxe hai que lamentar un falecemento, o número 142 na provincia. Trátase dunha muller de 88 anos que era usuaria da residencia San Salvador de Guntín.

Dende o inicio da pandemia, superaron o virus 6133 persoas na nosa provincia.

Sanidade ademáis vén de informar que realizará un cribado a unhas 130 persoas no Concello de Xermade, logo de detectar o martes un gromo nun colexio con cinco casos que, no día de onte, xa se convertían en 7. Os positivos son, polo de agora, alumnos do centro e dous membros do persoal, pero poderían aumentar nos vindeiros días en canto se coñezan os resultados deste cribado. O SERGAS fará PCR a todos os alumnos e traballadores do centro así como a maioría das súas familias. Asemade, os rastreadores están a analizar se os escolares con Covid revelan novos casos entre os seus familiares. Estas cifras que, aínda que son baixan, poderían seguir subindo, elevan a incidencia acumulada do Concello por riba do de Lugo; o que, podería acarrearlles a implantación de medidas restrictivas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com