O TSXG anula o proxecto eólico da Serra do Iribio

A Sección terceira de contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de anular e deixar sen efecto “por non ser acorde a dereito” o Acordo do Consello da Xunta do 27 de xuño de 2019 polo que se aprobaba a modificación definitiva do Parque eólico Serra do Iribio, así como as súas disposicións normativas. Con este fallo o Tribunal admite a trámite e resolve os tres recursos contenciosos-administrativos presentados polas entidades ecoloxistas ADEGA, Fundación Oso Pardo, Petón do Lobo, Sociedade Galega de Ornitoloxía e Verdegaia, en representación de todas as entidades e colectivos que conforman a plataforma “Salvemos O Iribio”. 

Así, a plataforma aplaude a sentenza, que cualifica de “demoledora” por canto confirma e fai seus a maior parte dos argumentos nos que as entidades recorrentes fundamentaron xuridicamente a ilegalidade do proxecto eólico para a Serra do Iribio situada nun espazo natural protexido como a Zona de Especial Conservación Ancares- Courel, Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, zona de Rede Natura, Ben de Interese Cultural, Camiño de Santiago e agora tamén Reserva da Biosfera Ribeira Sacra-Serra do Oribio.

A plataforma considera que o recente fallo do TSXG é un paso definitivo cara a liberación deste espazo natural protexido do proxecto eólico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com