Volve baixar a cifra de infectados por Coronavirus na Área sanitaria de Lugo

Trinta e tres persoas menos están nas lista de infectados por Coronavirus na Área de Lugo. Despois da subida  de onte, onde se contabilizaron tres casos máis que antonte, nas últimas 24 horas pasamos e 404 a 371 persoas infectadas, o que sitúa a Área de Lugo como a de menor incidencias das áreas sanitarias galegas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.609, deles 887 son da área da Coruña, 371 da de Lugo, 470 da de Ourense, 936 da de Pontevedra, 1.243 da área de Vigo, 1.216 da de Santiago e 486 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 293 en unidades de hospitalización e 5.263 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 52.125 persoas curadas, rexistrándose 1.338 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.038.999.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com