Ribeira Sacra Breogán espera o partido desta noite contra o Valladolid, no Polideportivo Pisuerga que dará comezo ás nove. O sábado, tras unha mañá de recuperación, o equipo adestrará en pista de sete a oito e media.
O domingo, día de partido, haberá pista para unha sesión de traballo de doce a unha, e o equipo partirá de novo cara o Pisuerga onde xogará o cuarto partido da serie ás sete da tarde.
Pola súa banda, O Club Deportivo Lugo visita ao Real Betis no estadio Benito Villamarín de Sevilla, o domingo dezasete de maio dende as seis e cuarto, segundo informou a Liga de Fútbol Profesional o pasado luns.
O partido corresponde á trixésimo oitava xornada da Liga Adelante e será televisado en directo por La Sexta con emisión en toda España.