Certame de Arte do Belén de Begonte

O Centro Cultural de Begonte convoca o XXXI CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN” de acordo coas seguintes BASES:

1. O Premio JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de Arte está dotado con 1.500 € (*) e estatuíña de Sargadelos.

2. Adxudicarase á obra pictórica (considerada no senso máis amplo) que resulte seleccionada polo Xurado calificador, que estará formado por especialistas na materia, xunto con representantes do Centro convocante.

3. Poderán optar a este premio obras de pintores galegos (nados en Galicia ou residentes habituais), con tamaño máximo de 1,5 m por 1 m, con ou sen marco.

4. Cada autor poderá presentar un máximo de dúas obras, acompañadas dos datos identificativos de obra e autor.

5. As obras, debidamente protexidas para evitar calquera deterioro, serán remitidas –libres de gastos– ao Centro Cultural de Begonte. As non premiadas serán devoltas libres de gastos ao enderezo que indiquen.

6. O prazo de presentación rematará ás 12,00 h. do día 15 de xaneiro de 2021. O Xurado seleccionará de entre as obras presentadas a gañadora do Certame, que quedará en propiedade da entidade convocante.

7. As obras presentadas, ou unha selección destas, serán expostas durante a segunda quincena de xaneiro de 2021 na sala da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

(*) O importe é líquido, despois de aplicarlles a retención do IRPF.

Oportunamente farase público o procedemento a utilizar para a entrega dos premios deste Certame.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com