O Goberno local dará prioridade ao dimensionamento do Servizo de Augas cando entre en vigor a Bolsa de Emprego Municipal

O servizo de augas, tramitou durante este 2020 un total de 1.300 contratos de alta na subministración municipal e resolveu unha media de 2.000 incidencias por trimestre, relacionadas coa xestión do padrón desta prestación.

Estas son algunhas das cifras que reflexa o elevado rendemento desta área do Concello de Lugo que tamén, durante o presente exercicio, abordou 150 regularizacións de consumo e atendeu 1.338 solicitudes da veciñanza que se trasladaron dende o 010.

Un balance ao que cómpre engadir as que chegan dende o Rexistro Xeral (2.621) e o telemático (275) e que gardan relación con cambios de contador, acometidas, exencións, bonificacións, revisións ou recursos sobre a facturación trimestal, entre outros aspectos.

O edil de Medio Ambiente destacou o labor realizado polo persoal do departamento e por parte do goberno local comunícase que existe a vontade de dotalo, durante o próximo ano, dun reforzo de traballadores para, por unha banda, ofrecer unha resposta máis dilixente á cidadanía na atención e resolución das súas demandas así como para poder rebaixar a carga de traballo á que fai fronte o servizo, que sufriu unha merma de efectivos trala reorganización dos recursos humanos do Concello.

Nese senso, Álvaro Santos subliñou a transcendencia desta área por ser unha das principais vías de recadación da administración local – xa que xestiona o cobro de máis de 4 millóns de euros anuais só a través da taxa de subministración de auga potable – e encadrou a necesidade de abordar con dilixencia a mellora do procedemento administrativo “para – apuntou como exemplo – rematar con demoras en tramitacións tan sinxelas como pode ser a devolución de fianzas que se ben, o seu importe medio non é moi elevado (ronda os 55’62 €) si ocasiona un trastorno ao usuario que se atopa pendente da súa resolución”.

“Agora mesmo debemos priorizar a abordaxe das solicitudes que nos chegan, atendendo á repercusión das mesmas, mais a nosa vontade é poder dimensionar debidamente este departamento para evitar dilacións indebidas ao consumidor, sexa cal sexa o motivo da súa consulta”, concluíu Santos Ramos, un obxectivo que o executivo agarda acadar nos primeiros meses de 2021 contando xa coa entrada en vigor das bolsas de emprego municipais coas que se prevé a incorporación inmediata de oficiais lectores de contadores e auxiliares administrativos, alén de máis persoal en Benestar Social.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com