145 vítimas deixou xa a Covid na nosa provincia. As dúas últimas, dous homes de 85 e 62 anos usuarios da Residencia Asilo de Vilalba que finaban no día de onte. Con todo, a cifra de casos activos así como a de novos contaxios continúan en descenso.
A área de Lugo acada as 360 infeccións activas, nove menos que na xornada anterior. Así é todo, a este descenso non só contribúen as 24 altas médicas recibidas senón tamén un leve descenso dos novos contaxios, 14 confirmados no día de onte polo SERGAS.
A presión asistencial mantense en cifras moi similares ás do día de onte con 14 ingresados en planta repartidos nos distintos hospitais da provincia e 4 persoas na UCI do HULA, o que supoñen dous pacientes menos na unidade de críticos.