Un operario necesitou asistencia este mediodía despois de que caese ao interior dun encofrado duns catro metros de fondo en Láncara.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, os Bombeiros de Sarria desprazáronse ata o lugar dos feitos, na parroquia de Carracedo, para rescatar ao traballador e, unha vez liberado do foso, o home foi atendido polos servizos sanitarios.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ao fío das 12:40 horas, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasou o aviso á Garda Civil e aos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Sarria.