Burela acollerá a Supercopa de España de fútbol sala feminino o vindeiro 9 de xaneiro de 2021.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, contou que “desde a Delegación de Deportes do Concello de Burela queremos anunciar que hai unha semanas tanto a Federación Galega de Fútbol Sala como o propio club, Burela Fútbol Sala, se puxeron en contacto con nós para ver a posibilidade de organizar aquí a Supercopa de España de fútbol sala feminino. E desde o primeiro momento tivemos interese en que viñera para aquí esa Supercopa de España porque estas guerreiras que temos merecen que se fagan todos os esforzos posibles para que elas poidan xogar diante da súa xente todas as competicións que sexa posible”.
Fotografía: Burela Fútbol Sala.