A Policía Autonómica realizou 48 identificacións e tramitou 6 denuncias a pasada fin de semana no marco do plan de medidas ante a Covid

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante a última fin de semana 19 dispositivos na provincia de Lugo no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron catro inspeccións, nas que se rexistraron 48 identificacións e se formularon seis denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 18 e o 20 de decembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Os operativos leváronse a cabo nos municipios de Burela, Chantada, Cospeito, Friol, Lugo, Monforte de Lemos, Vilalba, Viveiro e Xove.

En toda Galicia, os axentes actuaron nun total de 43 concellos, sumando 250 inspeccións, con 226 persoas identificadas e 65 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmárcanse no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com