Comezan as Noites de teatro nos Museos municipais de Lugo

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua,  pon en marcha hoxe unha das actividades novidosas incluídas este ano na programación do Lucus Cultural.

Trátase das Noites de teatro nos Museos. A primeira vai ser hoxe, ás 22.30 horas, no Centro Arqueolóxico de San Roque, onde se vai representar a obra “Cidade dos mortos”, a cargo das compañías Achádego, Hipócrita, Nova Escena e Nostrum Cai. A entrada é libre ata completar a capacidade. O vindeiro venres, día 22, o escenario situarase na Sala Porta Miñá e a obra será “Xustiza, a xusta¡”.

A programación do Lucus Cultural continuará mañá cunha visita guiada polo Lugo romano. Sairá ás 11.00 horas do Miliario da rúa Armanyà e o itinerario será o seguinte: Porta Miñá, Camiño do Regueiro dos Horos, Termas romanas e Ponte romana.

Para o domingo pola mañá está prevista a Degustación e venda de pan romano, na Praza Maior. Nesta feira participarán catro panaderías: Panadería Fraga, Casa Raposo, Panadería Ousá e Panadería Darío.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com