Volven baixar, aínda que de xeito moderado, os contaxiados pola Covid-19 na Área Sanitaria da provincia de Lugo. Onte eran 381 e nas últimas 24 pasaron a ser 374, sete persoas menos as doentes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.609, deles 873 son da área da Coruña, 374 da de Lugo, onte eran 381, 540 da de Ourense, 896 da de Pontevedra, 1.226 da área de Vigo, 1.352 da de Santiago, e 348 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 58 están en UCI, 278 en unidades de hospitalización e 5.273 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 54.402 persoas curadas, rexistrándose 1.369 falecementos.