A Consellería de Sanidade decidiu suavizar as medidas restritivas no concello de Lugo, que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirán a limitacións de mobilidade. A cidade das murallas levaba dous meses, dende o pasado 30 de outubro con peche perimetral.
Pola contra Viveiro entrará en nivel máximo de restriccións e Xove en nivel medio alto. Os cambios entrarán en vigor á media noite do mércores.
Hoxe martes, o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciará as medidas e horarios para Fin de Ano.