Ante as respostas contradictorias dende a delegación de Lugo: primeiro (non), despois (sí) e agora de novo (non) formulamos un escrito a Román Rodríguez González – Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.
Seguindo co 13D, 20D, 26D… para que nos oian ben, convocamos cazolada. Asistir con cazolas, potas e outros utensilios.
A marcha partirá as 11:30h dende a igrexa de Baamonde, recorrendo a N-VI ata chegar á rotonda coa N-634, onde se fará unha parada con lectura de comunicado, continuará pola anterior estrada ata chegar ao CEIP de Baamonde.
Rogamos a cooperación de toda a veciñanza e establecementos (aos que pedimos o peche durante 1 hora dos seus negocios) de Baamonde, Pacios, Carballido, Vilariño, Bóveda, Pígara e Soexo como principais damnificados ante a pretensión do Concello de Begonte de pechar o colexio de Baamonde.
Tamén facemos un chamamento o resto de veciñ@s da nosa contorna ante esta medida que atenta contra o rural.
Recordamos manter as distancias de seguridade e sempre permanecer coa máscara posta.
A.N.P.A. do C.E.I.P. de Baamonde
Asociación de Veciños Montenegro de Baamonde