ACE propón a modificación das ordenanzas fiscais para garantir o financiamento dos servizos públicos municipais

Alternativa Cidadá de Esquerdas presentou hoxe as súas políticas fiscais ante a cidadanía, que se basean na modificación das ordenanzas fiscais co obxectivo de acadar unha fiscalidade xusta que garanta o financiamento dos servizos públicos municipais.

Para iso, ACE introducirá índices corretores do pago atendendo á renda per cápita da unidade familiar en todas as ordenanzas fiscais que o permitan legalmente, empezando polo recibo da auga, para obter unha verdadeira progresividade fiscal na que os que menos teñen tamén paguen menos polos servizos locais. Na mesma liña, as familias monoparentais, ademáis das numerosas, disfrutarán de coeficientes de deducción nos prezos de ditos servizos municipais, como as escolas infantís ou a propia tarifa da auga.

Unha das medidas centrais desta nova fiscalidade será a implantación dun sistema de cobro estrictamente axustado ao consumo real de auga, cunha tarifa reducida nos primeiros tramos de consumo e cun aumento progresivo substancial a medida que aumenta o gasto, para que os lucenses non teñan que pagar sobrecostes polo uso deste ben básico.

Segundo explicou Carlos Portomeñe, candidato de Alternativa Cidadá de Esquerdas á alcaldía de Lugo, “a clave para obter un Concello con capacidade política de actuación e de ofrecer aos cidadáns os servizos precisos a nivel local é a definición de novas figuras impositivas progresivas e desenvolver as competencias tributarias municipais”. Por esta razón, ACE incrementará nun 50% a taxa aplicada ás entidades financeiras polo establecemento de caixeiros automáticos con acceso á vía pública e crearáse unha taxa para gravar a publicidade en elementos de gran formato situados en mobiliario urbano, no transporte público e na publicidade móbil.

No programa de Alternativa Cidadá de Esquerdas non falta o cobro do Imposto de Bens Inmobles á Igrexa Católica, ata o de agora exenta do mesmo, supoñendo unha perda notable de ingresos no Concello, os cales permitirían un aumento significativo na inversión en servizos públicos.

Ademáis, ACE aplicará un recargo no IBI aos multipropietarios de vivendas, incrementando progresivamente este imposto a partires da segunda vivenda en propiedade. Por outra parte, se penalizará aos propietarios que non conserven os seus inmobles e provoquen a posterior declaración de ruína, duplicando a taxa da devandita declaración de ruína cando sexa o mesmo propietario quen a promova. Sen embargo, ACE deseñará bonificacións nos trámites e licencias de apertura de establecementos comerciais aos autónomos que abran un primeiro negocio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com