Once persoas máis infectadas po Coronavirus eleva a cifra a 474 casos activos pola Covi-19 na área sanitaria de Lugo. Estas cifras non auguran nada bo. A catro días da celebración dos reis, nesta data cumpriranse os catorce días, cifra que ten como media a enfermidade para que agromen os infectados. Esta data pode ser o punto de inflexión cara unha terceira onda, aínda sen rematar a segunda. Crucemos os dedos para que as cifras non se disparen de novo porque do contrario de pouco o valería o esforzo realizado ata agora.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.823, deles 1.147 son da área da Coruña, 474 da de Lugo, 594 da de Ourense, 771 da de Pontevedra, 1.171 da área de Vigo, 1.355 da de Santiago, e 311 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 297 en unidades de hospitalización e 5.469 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 56.733 persoas curadas, rexistrándose 1.406 falecementos.
Os últimos falecementos por coronavirus rexistrados en centros hospitalarios correspóndense cun home de 72 anos e dúas mulleres de 74 e 94 anos, falecidos no CHUS; unha muller de 78 anos falecida no CHOP; e un home de 72 anos que faleceu no CHUAC. Así mesmo, na xornada de onte produciuse un falecemento na residencia DomusVi Vimianzo: un home de 83 anos.
O número de PCR realizadas é de 1.125.019.