Xuventude propón unha Noite de Reis electrónica en live streaming co ritmo de Marcos Peón

A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, propón para mañá, 5 de decembro, Noite de Reis, un live streaming co Dj lugués Marcos Peón, co obxectivo de seguir gozando deste atípico #nadalnacasa, nesta ocasión cunha sesión de música electrónica.

A actuación arrincará ás 23:00 horas e poderá seguirse nas redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo. A mocidade poderá conectarse a esta festa a través de calquera dispositivo de forma totalmente gratuíta. Ademais, as e os participantes poderán interactuar no chat en directo que estará aberto durante a retransmisión.

Ana González Abelleira explicou que “esta actividade é unha forma de poder gozar da Noite de Reis dentro das limitacións actuais, pero con ilusión. Esta cita é unha alternativa para seguir apostando pola diversión, o entretemento e a música para celebrar estas datas, dende a casa e con seguridade”, ao tempo que convidou a todo Lugo a sumarse ao evento.

O Dj lugués Marcos Peón, tamén productor musical, ten ás súas costas 25 anos de experiencia en cabinas e é un dos deejays galegos máis internacionais, recorrendo gran parte da xeografía española coas súas enérxicas sesións. Compartiu cabina con destacados Dj`s do panorama electrónico mundial, pinchando en países como México, Suíza, Portugal, Francia ou Romanía. Na actualidade ten máis de 15 singles no mercado, sendo o último, que comparte con Dj Frisco, un dos temas de música dance de referencia en Reino Unido, sonando nas principais emisoras de países como Ucraína, Suíza, Rusia, Colombia ou México.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com